viernes, 30 de enero de 2009

Oferta formativa de la "Dirección Xeral para o Deporte" 2009

Información remitida por la FGE con origen en la DXD de la Xunta de Galicia.
----------------
Remítolle enlace coa oferta formativa da Dirección Xeral para o Deporte para este ano 2009. http://www.deportegalego.es/escola/interior.php?txt=escola&lg=gal

Nel atopará un arquivo co cronograma das accións formativas que desenvolverá a Escola Galega do Deporte, a Fundación Deporte Galego e as federacións galegas con formación de adestradores adaptada ao Período transitorio.

Neste momento hai 4 accións formativas que teñen aberto o prazo de inscrición.
- Xornadas de xestión de axudas públicas do deporte galego (Fundación Deporte Galego)
- Primeiros auxilios no deporte, nivel 1 (Fundación Deporte Galego)
- Xornada de psicoloxía aplicada ao deporte (Escola Galega do Deporte)
- Xornadas de execución técnica do traballo con pesas (Escola Galega do Deporte)

O resto de accións formativas reflectidas no arquivo "cronograma" aínda non teñen aberto o prazo de inscrición. Según se vaia abrindo este prazo, reflectiremos na web a información puntual de cada unha delas.

Para a inscrición nos cursos de adestradores/as das diferentes federacións, deberá contactar coa federación correspondente.

No hay comentarios: