viernes, 23 de abril de 2010

Homenaxe a Novoneyra no Courel (9 de maio)

Información remitida por SOS Courel.
------------------
Participa na HOMENAXE-CAMIÑADA A NOVONEYRA NO COUREL, que terá lugar o día 9 de maio.

http://www.uxionovoneyra.com/

Programa

COLABORAN con http://www.uxionovoneyra.com/:

Os alumnos do Colexio de Seoane do Courel, a Familia de Novoneyra, as asociacións do Courel, o Concello , a Deputación, ……

Para quen queira intervir no acto, que terá lugar, ó final da camiñada, na casa do Poeta en Parada, poñerse en contacto, urxentemente, con uxionovoneyra@gmail.com

Para quen queira facer algunha actuación sorpresa durante a marcha ou no xantar do souto de Parada, poñerse en contacto con SOS Courel, para o día anterior, sábado 8, localizar e aderezar o microescenario natural. As actuacións especiais poderán ser de calquera especialidade:

poéticas, musicais, teatrais, lúdicas, ……, que ninguén desaproveite esta oportunidade!.

Para aparcar, tede en conta que a parte da Ferrería, andando un pouco máis, pódese deixar o coche en Seoane e o seu entorno, Esperante, ou calquera outro sitio que localicedes o día anterior.
----------------

No hay comentarios: