viernes, 4 de abril de 2014

Curso de Iniciación á Fotografía da Natureza (Castelo e Illa de Santa Cruz, 2 e 3 de maio 2014)

Os vindeiros 2 e 3 de maio o CEIDA organiza o Curso de Iniciación á Fotografía da Natureza, impartido polo fotógrafo Javi Puertas, que pretende familiarizar aos participantes coas principais técnicas de fotografía de natureza e paisaxes, ademáis de proporcionar unha base fotográfica sólida para aproveitar as posibilidades do equipo dixital traballando en manual, afinando a exposición e mellorando as composicións. O curso contará con clases teóricas e tamén cunha parte práctica, onde os asistentes poderán ensaiar o aprendido na aula a pé de terreo no entorno do Castelo e Illa de Santa Cruz.
 
A matrícula é de 75 € para público xeral, e de 65 € para socios de ONG’s conservacionistas (WWF, SEO, ADEGA,…). As prazas son limitadas.
 
Máis información e inscricións:
 
portada triptico.jpg
 
Área de Información e Comunicación
CEIDA – Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Castelo de Santa Cruz, s/n
15179 – Liáns-Oleiros
(A Coruña)
Telf. 981630618

No hay comentarios: